RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor prepárase en ABANCA-RIAZOR para "un partido de moita intensidade" na Malata e "se cabe mellorar o da primeira volta" ante o Racing

O Deportivo realizou esta mañá sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR a primeira das dúas sesións previstas esta semana no Estadio; a outra será o sábado 15 de abril ás 10:30, última antes de visitar ao Racing de Ferrol o domingo 16 ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv).

Tal e como vaticinou Raúl Carnero na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR pouco antes de comezar o traballo sobre o céspede, o vestiario espera e prepárase estes días para un partido "de moita intensidade".

Así, Óscar Cano dispuxo, após un quecemento e un xogo de posición, unha tarefa de transicións de alta esixencia física. O adestrador branquiazul estivo moi encima dos seus xogadores en todo momento, consciente da importancia dos próximos 90 minutos en Ferrol e de como afronta o Racing este tipo de partidos no seu estadio.

O lateral coruñés desvelou ademais aos medios de comunicación que "temos como exemplo o partido de ida aínda que todos os equipos van evolucionando ao longo da temporada. Os dous equipos estamos nun bo momento. Vai ser un partido moi interesante e estamos a analizar as súas armas para mellorar o partido da ida", tal e como pouco despois plasmou o corpo técnico nun partido 11 contra 11.

Entre os aspectos que a recado ten en conta Óscar Cano e que traballa en cada adestramento desta semana está un que apunta ao Racing de Ferrol, segundo Raúl, como un equipo con "extremos moi rápidos, con moita chegada tanto por unha banda como por outra. Sacan bos centros, chegan á área..."

Conclúe o defensor deportivista que o obxectivo é "se cabe mellorar o partido da primeira volta", que acabou con triunfo deportivista (2-0) en ABANCA-RIAZOR.

Co fabrilista Dani Barcia no grupo, segue con adestramento personalizado Pepe Sánchez.

Mañá venres 14 de abril, o Dépor regresa a Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro xa na instalación ás 9:00.