RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor recibe ao Athletic Club o domingo 21 de abril ás 17.00 horas

O Deportivo recibirá ao Athletic Club o domingo 21 de abril ás 17.00 horas, tal e como acaba de confirmar a liga de Fútbol Profesional no seu página web oficial. O encontro pertence á xornada trigesimosegunda da liga BBVA.  

Por conseguinte, o calendario do Dépor xa fixado é o seguinte:

Xornada 31
Levante - Deportivo, o sábado 13 de abril ás 18.00 horas

Xornada 32
Deportivo - Athletic Club, o domingo 21 de abril ás 17.00 horas

Precisamente, hoxe mércores saíron á venda na Oficina de Atención ao Socio e Accionista as últimas 1.000 entradas de acompañante do socio para o partido ante o Athletic Club. Para este encontro xa se despacharon 5.500 entradas de acompañante, co que o cheo no estadio está practicamente asegurado.

Os socios deportivistas teñen acceso libre aos partidos de Copa do Rei e Liga*, pero a maiores, cada un dos socios deportivistas pode retirar DÚAS entradas como máximo (da súa localidade se houber ou, en caso contrario, doutra similar) para o encontro ante o Athletic Club, da trigesimosegunda xornada, o domingo 21 de abril ás 17.00 horas; e para o do Atlético de Madrid, da trigesimocuarta xornada, tamén en día e hora por fixar.

Cada par de entradas custará a cantidade de 15 euros, polo que o socio pagará pola entrada dobre (unha para o Athletic e outra para o Atlético) a suma de 15 euros se retira unha para cada encontro ou de 30 euros se retira dous para cada encontro. En ningún caso permitirase retirar entradas para un só dos partidos citados.

Por outra banda, os prezos das entradas de público son os seguintes:
 
Tribuna Superior: 62 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Inferior: 57 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Dianteira: 52 euros. Sub-25: 26 euros
Preferencia Superior: 47 euros. Sub-25: 23 euros
Preferencia Superior Lateral: 36 euros
Maratón Superior: 41 euros. Sub-25: 21 euros
Pavillón Superior: 31 euros. Sub-25: 16 euros
Preferencia Inferior: 26 euros. Sub-25: 12,50 euros
Preferencia Inferior Lateral: 26 euros
Maratón Inferior: 26 euros
Pavillón Inferior: 19 euros. Sub-25: 10,50 euros
 
*Excepto os que teñan que pagar nos encontros designados como  "Días do Club"

O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.