RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor segue coa maldición de Valladolid e recibe un inxusto castigo do Valladollid

var ivPlayer870426 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer870426.playVideo('player870426', 'LFP09-10_J8_valladolid4-deportivo0_25-1

Lotina advertiu que podería haber algún cambio respecto ao partido o pasado sábado ante o Sevilla. E hóuboo. Adrián foi titular en punta con Riki. Iván Pérez quedou fóra do once.

Comezou ben o Deportivo. Riki estivo a piques de bater a Villar pero o seu remate, a centro de Gardado, estrelouse no lateral da rede. A maldición comezou no minuto 18 cando unha indecisión da zaga deportivista permite un balón ás costas de Manuel Pablo que Nauzet aproveita para bater a Aranzubía na súa saída. Pouco despois, a meta vasco do Dépor sacou unha fenomenal man nun chute raso que estivo a piques de coarse. Sen arroiar, o Valladolid púxose por diante.

Tras o descanso o partido quedou visto para sentenza na primeira xogada. Nun centro desde a esquerda do ataque valisoletano ao que non chega a interceptar Colotto por pouco, Lopo escorrégase cando se aprestaba a despexar e o balón chégalle de novo a Nauzet que se coloca o esférico á súa perna boa e bate por raso a Aranzubía.

O Dépor tivo a oportunidade de meterse no partido nun balón ao segundo pau que Juan Rodríguez, só ante Xusto Villar, envía á parte interior do poste e sae cara a fóra. Desde logo Valladolid non é o estadio para o Deportivo. Lotina busca a reacción do equipo, aínda que non estaba a xogar mal, e deu entrada a Valerón e Lassad por Antonio Tomás e Adrián. Pero nin con esas logrouse acurtar distancias. Cando parecía que máis preto estaba o 2-1, Manuel Pablo, nun mal despexe no segundo pau, deixa o balón aos pés de Diego Costa, que de novo volve bater por baixo polo mesmo lado, o dereito, da meta de Aranzubía. 3-0 e ver para crer.

Manucho, que entrou na segunda metade, estivo a piques de marcar nunha xogada que serviu de exemplo do que foi o partido. Forcejea o espigado dianteiro local con Colotto e case sen ángulo e escorregando, envía o balón ao pau. Chegou o 4-0 nos compases finais e coa sentenza definitiva, un desde logo que injustísimo castigo. Mendunjanin ve adiantado a Aranzubía e desde fóra da área cóalle unha vaselina á escuadra. Incrible.

Toca agora recuperar forzas e a senda da solidez primeiro en Copa o mércores ante o Murcia e logo o domingo en Riazor fronte ao Sporting de Xixón.

Valladolid: Xusto Villar; Pedro López, Luís Prieto, Nivaldo, Marcos; Nauzet (Pelei, min. 66), Borja, Rubio, Marquitos (Manucho, min. 77), Canobbio (Medunjanin, min. 84) e Diego Costa.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Filipe Luís; Sergio, Antonio Tomás (Lassad, m. 51); Adrián (Valerón, m. 51) Juan Rodríguez, Gardado; e Riki (Bodipo, m. 67).

Goles: 1-0: Min. 18, Nauzet; 2-0: Min. 46, Nauzet; 3-0: Min. 76, Diego Costa; 4-0: Min. 86. Medunjanin.

Árbitro: Delgado Ferreiro (colexio vasco). Amoestou a Colotto, por parte do Deportivo.

Incidencias: Os futbolistas do Dépor, ao acabar o partido, foron saudar aos afeccionados coruñeses que animaron ao seu equipo desde as bancadas.