RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETES

O Dépor vence ao Zaragoza e é campión de España cadete

- Foto: chrysler86 - O Cadete A, campeón da Fase Autonómica e da Fase Intermedia (Galicia-Asturias-Cantabria), se proclamó hoxe domingo campeón de España cadete, copa Coca Cola, ao imporse ao Zaragoza (1-0) na gran f

Cadete A: Tasende, Mauro, Chumi, Parga, Rodri, Álvaro, Gandoy, Aarón, Adrián, Iago e Pose. Tamén xogaron: Javi, Bruno e Adrián Barrio.

Onte sábado, na Primeira Fase, o equipo que dirixe Juan Ignacio Subirán gañou ao Danok Bat (3-0) e eliminou ao poderoso Real Madrid na quenda de penaltis, despois de 45 penas máximas. No tempo regulamentario houbo empate sen goles.

Brillante pois o torneo realizado por esta magnífica xeración de futbolistas 'made in Abegondo', que ademais son esta tempada campións da División de Honra.

O Cadete A regresa esta mesma tarde por estrada á Coruña. A súa chegada á Deportienda (Estadio de Riazor) será a partir das 22.00 horas.

Os resultados do Cadete A en esta fase final do Campionato de España, Copa Coca Cola, foron os seguintes:

DANOK BAT 0 - CADETE A 3 (Adrián (2) e Iago)
REAL MADRID 3 - DANOK BAT 0
CADETE A 0 - REAL MADRID 0. Pasou o Dépor na quenda de penaltis

Final
CADETE A 1 (Álvaro) - ZARAGOZA 0