RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo anima á súa afección a seguir dando exemplo de apoio incondicional e respecto

  A liga trasladou esta semana ao Comité de Competición e á Comisión Antiviolencia un informe sobre cánticos entoados por unha minoría de seguidores do Deportivo no curso do encontro disputado o pasado luns en R

En calquera caso, o Real Club Deportivo quere recoñecer publicamente o comportamento exemplar dos seus afeccionados durante toda a tempada, tanto en Riazor como a domicilio.
 
A pesar de que o Deportivo non tivo excesiva sorte con varias decisións importantes tomadas polos colexiados nos últimos partidos, considera que, na súa faceta de deportistas e durante o desenvolvemento do xogo, simplemente poden cometer os mesmos erros que calquera outra persoa no desenvolvemento do seu traballo.
 
De todos os xeitos, o Real Club Deportivo tamén quere destacar que, rexistrándose os niveis de afluencia de público máis altos dos últimos anos e disputándose xa a metade da competición, a afección do Dépor comportouse sempre de maneira exquisita e modélica, quedando reducidas a accións puntuais e absolutamente minoritarias as incidencias en materia de cánticos. 
 
O Deportivo quere agradecer esta actitude intachable dos seus seguidores xa que axuda a proxectar unha imaxe de Club e afección exemplar, reflexo da idiosincrasia da entidade e a cidade, ademais de reducir ata practicamente cero durante a presente tempada futbolística o impacto económico das sancións que afectan as arcas do Club.
 
O Deportivo quere lembrar que, tanto en casa como a domicilio, os cánticos ofensivos poden ser obxecto de sanción, polo que solicita a todos os deportivistas que manteñan o seu apoio incondicional ao equipo e que non falten en ningún partido, xóguese onde e cando se xogue, respectando sempre ao rival e a todos os protagonistas do espectáculo que conforman a industria do fútbol.