RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo arroia ao Sabadell nunha gran segunda metade

Arizmendi no terceiro tanto. Foto: Andrés Dans O Deportivo tróuxose o tres puntos de Sabadell (0-3) con todo merecemento tras unha gran segunda metade. Borja Bastón, en dúas ocasións, e Arizmendi foron os autores dos tantos. Con este res

A entrada de Luisinho no lateral zurdo por Manuel Pablo foi a novidade na aliñación deportivista na Nova Creu Alta. O defensor luso demostrou ademais que pode ser un futbolista importante: ben en defensa e vertical en ataque cando o equipo máis o necesitaba.

O primeiro tempo foi igualado, con escasísimas oportunidades de gol. De Borja foi a máis clara.

Tras o descanso, o Dépor acertou na xogada clave. Borja adiante aos branquiazuis (hoxe de amarelo) cun gran pase de Culio e o partido acabouse. Os deportivistas fixéronse co mando e certificaron a súa superioridade no xogo con dous goles máis, de Borja e de Arizmendi. Mesmo Rudy, que exhibiu unha gran variedade de caneos, estrelou un balón no pau.

Sen dúbida un gran resultado ante un equipo que empezara a liga en casa goleando (4-0) ao Mallorca.

Agora, toca certificar a melloría o domingo 8 de setembro ás 12.00 ante o Real Murcia.

Sabadell: De Navas; Cristian, Kiko Olivas, Carlos Hernández, Javi Barral (Martí Crespí, min.70); Llorente, Longás (Antonio, min.79), Rúper; Gato, Sotan Tanabe (Collantes, min.58) e Aníbal.

Deportivo: Germán Lux; Laure, Kaka, Insua, Luisinho; Bergantiños, Juan Domínguez; Arizmendi, Rudy (Bicho, min.90), Culio (Juan Carlos, min.77); e Borja Bastón (Luís, min.85).

Goles: 0-1, min.48: Borja Bastón. 0-2, min.75: Borja Bastón. 0-3, min.79: Arizmendi.

Árbitro: Ocón Arráiz (Comité Rioxano). Amoestou aos locais Longás, Llorente, Rúper e Antonio do Sabadell e a Culio e Luisinho polo Dépor