RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B gana ao Rápido de Bouzas con goles de Alex e Rivera

O Deportivo B continúa a súa serie vitoriosa e esta tarde impúxose (0-2) no sempre complicado campo do Baltasar Pujales do Rápido de Bouzas. Alex, un mediocentro defensivo que este ano se empeñou en pulverizar o seu rexistro goleador, e Rivera, un diantei

Perico Ramallo aliñou de inicio a: Fabricio, Chapi, Juachi, Juanan, Adrián, Alex, Madrigal, Nacho, José Areas, Iván Pérez e Rivera. Tamén xogaron: Aridane, Herbert e Borja.
Este xoves, día festivo, o Deportivo B recibirá ao cinco da tarde ao Cruceiro de Hío no Mundo do Fútbol. A continuación, o técnico deportivista concederá unhas minivacaciones de catro días aos seus futbolistas.
Na División de Honra xuvenil, o Deportivo venceu (0-2) na súa visita ao Porriño Industrial. E na liga Galega cadete, o Cadete B, xa campión, tombou en Abegondo (4-2) ao Milagrosa lucense.