RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo ultima o corpo técnico con José Luís Oltra, Chema Sanz, Franganillo e Sambade

O Presidente Augusto César Lendoiro e o seu Consello de Administración revelaron esta tarde na sala de prensa do Estadio de Riazor que o club ultima a confección do corpo técnico do primeiro equipo para a próxima tempada

Será un ano de contrato para José Luís Oltra e Chema Sanz con opción a outra tempada máis se o Deportivo logra o obxectivo que non é outro que o ascenso a Primeira División: "O acuerto é total. Agora mesmo (19.00 horas) faltan pequenos detalles".
 
Lendoiro explicou o porqué da elección de Oltra: "É novo, traballou ben noutros clubs, ten ilusión e o fútbol que practica é o que quere ver Riazor, un fútbol vertical, bonito".
 
Recoñeceu que con Lotina "nos demos un abrazo ao acabar o partido ante a Valencia porque a verdade non estamos para moito máis. Logo el despediuse nun acto público e a partir de aí nós comezamos a tarefa do novo adestrador porque a verdade é que falar non falamos". Iso si, o Presidente confesou que o técnico vasco ten previsto regresar á Coruña e entón si se despedirá del en persoa.
 
Este Consello de Administración márcase como reto volver a Primeira pero pola porta grande, logrando o campionato de Segunda División, un título que falta no palmarés, posto que o último ascenso hai 20 anos chegou xa con este directivos pero non como primeiro da categoría. Para iso, Lendoiro advertiu ante os medios de comunicación que "se podemos non perder a ningún xogador ímolo a facer". "O Deportivo non vai a malvender a ninguén", insistiu.
 
Cre o dirixente branquiazul que a columna vertebral do equipo é "boa e está moi unida". É máis, advirte vontade de continuidade en Manuel Pablo, Valerón, Riki, Aranzubía...
 
Ademais, abordou Augusto César Lendoiro estes temas:
 
Prezos dos abonos

"O luns faremos públicos os prezos dos abonos que irán desde os 535 euros da Tribuna Superior aos 158 de Pavillón Inferior". "Para todos aqueles afeccionados que o renoven ata neste mes de xuño hai previsto respecto dos prezos do ano pasado un 20% de desconto. A partir de xullo, será dun 15% de desconto". "Non haberá días do club e o abono inclúe os 21 partidos de Liga, todos os de Copa do Rei, o Trofeo Teresa Herrera e os amigables".
 
Orzamento
O Presidente confirmou unha redución dun 20% do orzamento.
 
Rochela
O central das Pontes renovou polo Deportivo hai uns días. "Non o fixemos público para non descentrar ao rapaz nunha semana que era moi importante".
 
Ampliacións de contrato
"O club ofreceulle a ampliación de contrato a Gardado, Colotto, Juan Domínguez, Adrián, Míchel e Lassad".
 
Alex Bergantiños
"Incorporarase á pretemporada co equipo".
 
Reunión co Real Madrid
"Establecemos un acordo de boa relación co Real Madrid co tema de Pablo Igrexas".
 
Débedas interclubes
O Presidente insistiu en que o Betis, que está en Lei Concursal, o Racing de Santander, o Zaragoza e As Palmas deben diñeiro ao Deportivo por Rubén Castro, Canles, Lafita e Schurrer respectivamente. "Se non nos pagan non nos poden esixir logo a nós que cumpramos as obrigacións".
 
Adrián
Lendoiro explicou que o convenio LFP-AFE polo que o Deportivo, en base ao artigo 18, renovou a Adrián incluíndoo na lista de compensación "está en vigor. Dicir que non quere dicir que este ano estivemos sen convenio". Ademais, insistiu en que é o único punto no que se favorece aos clubs por facer un traballo co xogador e apelou a Miguel Anxo Gil Marín, conselleiro delegado do Atlético de Madrid: "no momento no que descenderon, na tempada 1999-00, nós fichámoslles a Molina, Capdevila e Valerón. Naquela época a economía do Atlético non era boa, ao revés que a nosa. Díxome que non lle rebaixase nada e que chegado o momento, eles axudaríannos".
 
"O obxectivo non é só sacar diñeiro se non o que o xogador poida quedar unha tempada máis e axudar ao ascenso do equipo".
 
Relacións co Concello
"En realidade nós non lle imos a pedir nada, pero polo menos que haxa diálogo, que se poida falar e chegar a acordos no que sabemos facer, que é ensinar a xogar ao fútbol. ¿Como un Concello non recibe a un Club que é campión de Liga, dúas veces campión de Copa, infinidade de veces en Champions...?"