RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo, un dos premiados esta noite por Fútbol Draft

O Deportivo pecha esta noite o gran añou da canteira. Co Fabril a un paso do ascenso a Segunda División, e con todos os equipos de categorías inferiores campións das súas respectivas competicións, Xuvenil A (División de Honra),

Os Premios Futbol Draft son uns galardóns que recoñecen o traballo e o esforzo dos xogadores que representan os máximos valores do fútbol como o xogo limpo, a habilidade ou o afán de superación. Os premios concédense aos  33 xogadores españois entre 16 e 20 anos que máis destacaron ao longo da tempada do panorama futbolístico, sen distinción de categoría. A elección dos 33 xogadores recae no Comité Técnico de Futbol Draft que está formado por representantes dos estamentos do fútbol nacional. Os Premios Futbol Draft son os únicos galardóns oficiais, apoiados por todas as institucións do mundo do fútbol, que supoñen unha aposta polos mozos máis prometedores do panorama actual.  Podes consultar a lista completa dos Premios Futbol Draft'08

Ao acto está tamén convidado o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, que viaxou onte desde Ecija, onde asistiu ao partido da eliminatoria de ascenso do Fabril, a Madrid.