RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril encoméndase a Abegondo para a clasificación

O Fabril cayó esta mañana pola mínima (1-0) ante o UD San Pedro e deberá dar o envorco á eliminatoria, segunda do play off de ascenso a Segunda División B, o próximo domingo 14 de xuño ás 17.00 en Abegondo, co apo

Hoxe, un penalti discutido no minuto 44 por un forcejeo do central fabrilista Róber e un dianteiro local, transformado por Álvaro, puxo en vantaxe provisional na eliminatoria ao equipo andaluz.

O partido foi igualado, con escasas ocasións de gol, repartidas nas dúas portarías.

Fabril: David, Adrián, Iago, Róber, Jorge, Sam, Miguel, Queijeiro, Dani Igrexas, Remeseiro e Anxo. Tamén xogaron: Juan, Santi Taboada e Francis.

Será baixa segura para a volta Sam Piette, que se incorpora hoxe domingo á concentración da Selección de Canadá en Orlando (Estados Unidos).

Na primeira eliminatoria deste play off de ascenso, o Fabril eliminou ao Durango: 2-1 no País Vasco e 2-0 en Abegondo foron os marcadores nos dous partidos.