O Fabril FC Benxamín mídese ao Victoria CF en partido de liga correspondente á xornada da fin de semana pasada
O Fabril FC Benxamín competiu esta fin de semana pasada na Turia Cup en Valencia (foto da noticia).
Despois de superar a primeira fase como 2º clasificado, os fabrilistas caeron co Getafe CF nos oitavos de final.
Por este motivo, o seu partido de liga ante o Victoria CF correspondente á 25ª xornada na Primera Futgal A Coruña trasládase a este martes 24 de marzo ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) na Coruña.
Os fabrilistas chegan ao choque en 5ª posición con 54 puntos. Un total de 40 suma o Victoria CF, 7º na táboa.
Na primeira volta da competición disputado o pasado 29 de novembro venceu o Fabril FC Benxamín por 4-3.