RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril imponse pola mínima ao Laracha

Deportivo B e Laracha enfrontábanse en Abegondo buscando tres puntos que os afastasen da zona perigosa da clasificación.

Na primeira metade o dominio foi do Fabril que apenas chegou nun par de ocasións con claridade á portaría do Laracha. A primeira cun forte disparo despexado por Damián e a segunda nun remate de cabeza de Dani Igrexas que, tras botar ante a portaría, marchouse alto. O Laracha esperou aos branquiazuis na súa área, tentando saír á contra pero sen éxito nas súas acometidas.

Na segunda parte o partido gañou en velocidade e o Fabril dispuxo dunha clara ocasión na que Álex Pérez non foi capaz de rematar en boca de gol o que puido ser o primeiro dos goles. Un tanto que chegou cinco minutos despois tras varios rexeites dentro da área que acabou aproveitando Dani Igrexas para desfacer a igualada no marcador.

A partir dese momento o Laracha controlou máis o partido e chegou nun par de ocasións con bastante perigo á área deportivista pero sen acerto entre o tres paus.

Con esta vitoria pola mínima o Fabril queda na zona media do grupo I de Terceira División con 31 puntos.

Deportivo B: Felipe; Quique, Uxío, Sidibe, Adrián (C); Anxo, Queijeiro; Cañi, Álex Pérez, Bicho; Dani Igrexas. Tamén xogaron: Remeseiro, Marc Nierga e Aarón

Goles: 1-0 min. 60 Dani Igrexas

O próximo rival do Fabril é o As Pontes

A liga marcha así para o Fabril:
Grixoa 1 - Fabril 2 (Cañi e Alex Pérez)
Fabril 2 (Sidibe e Dani Igrexas) - Cultural Areas 1
Arousa 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Iago Beceiro e Cañi) - Bertamiráns 1
Laracha 1 - Fabril 1 (Anxo)
Fabril 1 (Sidibe) - As Pontes 1
Betanzos 1 - Fabril 1 (Bicho)
Fabril 2 (Adrián e Romay) - Alondras 0
Rápido Bouzas 3 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Dani Igrexas e Iago Beceiro) - Cerceda 2
Fabril 1 (Cañi) - Barbadás 1
Pontevedra 1 - Fabril 2 (Cañi e Romay)
Fabril 0 - Negreira 2
Ordes 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Iago Beceiro e Remeseiro) - Boiro 2
Somozas 3 - Fabril 1 (Teles)
Fabril 0 - Dorneda 0
Choco 4 - Fabril 1 (Iago Beceiro)
Fabril 1 (Iago Beceiro) - Racing Vilalbés 1
Fabril 3 (Cañi,  Dani Igrexas e Chiño) - Grixoa 0
Cultural Areas 5 - Fabril 1 (Chiño)
Fabril 2 (Dani Igrexas e Remeseiro) - Arousa 2
Bertamiráns 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 1 ( Dani Igrexas ) - Laracha 0