RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril pecha a liga coa mente no play off e o Xuvenil A busca o pase na Copa

O Fabril conclúe a liga en Terceira División mañana domingo 17 de maio ás 16.30 en Abegondo ante o Rápido de Bouzas. Co filial deportivista xa subcampeón, o equipo vigués tampouco se xoga nada na clasificación,

Manu Mosquera citou a: Veloso, Javi, Adrián, Toni, Jorge, Róber, Iago, Remeseiro, Queijeiro, Anxo, Dani Igrexas, Cañi, Kim, Francis, Alex Pérez e Santi Taboada.

O luns 18 de maio está previsto que o Fabril entre no sorteo da primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División B. O seu primeiro rival será un cuarto clasificado doutro grupo, e o partido de volta será en Abegondo.

Como é habitual, os socios do Club teñen acceso gratuíto á cidade deportiva branquiazul. Para o público, a entrada custa 10 euros.

Tamén este domingo o Xuvenil A recibe á Real Sociedade, ás 12.00 no campo principal de Abegondo, no partido de ida de oitavos de final da Copa do Rei.

Para este partido, os socios teñen acceso gratuíto. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Pola súa banda, o Cadete A quedou apeado na Fase Autonómica de Cópaa Coca Cola, que se celebrou hoxe en Santiago. Os deportivistas empataron co Pontevedra e co Celta.

E en Arousa, o Alevín A disputará a Fase de Consolación da Arousa Fútbol Sete.

A celebración da decimosegunda edición do Torneo Real Club Deportivo - Liga BBVA hoxe sábado en Abegondo fixo que varios partidos de categorías inferiores xogásense antes do fin de semana.

Así, o Infantil A impúxose ao Celta (4-3) onte venres na cidade deportiva e o Alevín B, que gañou á Santa María del Mar o pasado xoves, proclamouse campéon da Segunda Fase da Segunda Comarcal.

A canteira deportivista suma nove títulos ata a data, tras os conseguidos por: Cadete B (grupo norte da liga Galega), Infantil A (grupo 1º da liga Galega), Infantil B (grupo primeiro da Primeira Autonómica), Alevín (grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once), Alevín A (grupo 1º da Primeira Comarcal), Alevín B (Copa e Segunda Fase da Segunda Comarcal), Benjamín A (grupo 1º da Primeira Comarcal) e Benjamín B (grupo A Coruña - As Mariñas da Segunda Comarcal).

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División

FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 17 de maio ás 16.30 en Abegondo

Categoría xuvenil

Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A - REAL SOCIEDADE, o domingo 17 de maio ás 12.00 en Abegondo (campo principal)

Categoría cadete

Fase Autonómica de Cópaa Coca Cola

CADETE A 1 (Víctor) - PONTEVEDRA 1
CELTA 2 - CADETE A 2 (Mosquera (2))

O Cadete A queda apeado da final autonómica.

Categoría infantil

Fase Final polo Título Galego, xogado onte venres: INFANTIL A 4 (Jacobo (4)) - CELTA 3

Categoría alevín

Arousa Fútbol Sete
Primeira Fase
Venres 15 de maio
BARCELONA 1 - ALEVÍN A 0

Sábado 16 de maio
XUVENTÚ OROSO 2 - ALEVÍN A 4 (Padín (2), Quique e Noel)
AJAX DE AMSTERDAM 1 - ALEVÍN A 1 (Noel)
ALEVÍN A 1 (Padín) - TORONTO 4

Fase de consolación
15.30: ALEVÍN A - CUARTO CLASIFICADO GRUPO D

Segunda Fase da Segunda Comarcal, xogado o pasado xoves: ALEVÍN B 13 (Hugo Baldomar (3), Javi, Quique (3), Roque (2), Xosé (2), Hugo e Matías) - SANTA MARÍA DEL MAR 0