RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril recupera a Piette para visitar ao Choco. Ao Alevín escápaselle a final en Etxebarri

  Duro escollo en Terceira División para o Fabril, que se mide mañana domingo no campo de Santa Mariñá o Choco, terceiro clasificado. Un triunfo fabrilista supondría alcanzar aos redondelanos na táboa e subir un pelda&

Manu Mosquera citou para este partido a estes xogadores: Manú, David, Anxo, Blas, Quique Fornos, Lucas, Jorge, Pol Calvet, Edu, Alex Corredera, Otero, Óscar, Hugo Rama, Marcos Legaz, Anxo e Sam Piette, que regresa da súa selección.

Hoxe sábado houbo mini derbi galego en categoría xuvenil. O Xuvenil A caeu (4-0) co RC Celta na Madroa e perde provisionalmente a cuarta praza da División de Honra en favor dos célticos.
 
Por outra banda, o Benjamín A proclamouse o pasado mércores campión da Primeira Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas) ao gañar en Abegondo ao Betanzos (4-1).
 
Con este novo título, a canteira deportivista suma cinco esta tempada tras os conseguidos anteriormente polo Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña) e Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas, e campión de Copa).
 
Tamén o pasado mércores, o Benjamín B empatou co Orillamar B (3-3) e deberá certificar o título na próxima xornada, o 16 de abril, na que se mide ao Paiosaco B no campo da Porta Santa.
 
Finalmente, o Alevín A non ten competición ligueira este fin de semana, posto que participou na segunda edición do Trofeo José Iragorri, na localidade biscaíña de Etxeberri. Foi subcampión, ao caer na final ante o RC Celta (0-1). Tamén o Alevín B ten descanso este fin de semana.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
CHOCO - FABRIL, o domingo 3 de abril ás 17.30 no campo Santa Mariña, en Redondela
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: CELTA 4 - XUVENIL A 0
 
Liga Nacional: XUVENIL B 3 (Ortuño -2- e Sandá) - CHOCO 1
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CADETE A 3 (Óscar Lorenzo, Álvaro e Casariego) - BORA 0
 
Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Pichu) - LUGO B 2
 
Categoría infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: IMPERÁTOR - INFANTIL A, o domingo 3 de abril ás 12.00 na Grela 2
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 19 (Dani Barcia -2-, Trilli, Novoa -3-, Jairo -2-, Buján, Padín -4-, Noel -4-, Nils e Iago) - ATLÉTICO SAN PEDRO 0
 
Categoría Alevín
 
Trofeo José Iragorri, en Etxebarri
Primeira Fase
S. HERRERA 0 - ALEVÍN A 3 (Trigo, Hugo Baldomar e Dani) 
ALEVÍN A 1 (Fica) - COMIÑAS CF 0
SD ETXEBARRI 0 - ALEVÍN A 8 (Sergio -2-, Hugo -2-, Iván, Dani e Hugo Baldomar -2-)
 
Fase Final
ALEVÍN A 4 (Iván, Sergio, Matías e Javi Lourido) - KOSTKAS KE 0
ARIZNABARRA 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 7 (Iván -3-, Hugo Baldomar, Fica, Trigo e Hugo) - BARAKALDO 1
 
Semifinal
ALEVÍN A 2 (Hugo Baldomar e Fica) - LEIOLA 2
 
Final
ALEVÍN A 0 - CELTA 1
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, xogado o pasado mércores: BENJAMÍN A 4 (Óscar -2-, Pablo e Luís) - BETANZOS 1
 
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, xogado o pasado mércores: BENJAMÍN B 3 (Eli, Dairon e Álex) - ORILLAMAR B 3