RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Fabril refórzase co atacante colombiano Juan Otero

O Deportivo cerró para o Fabril a contratación do atacante Juan Ferney Otero Tovar (26 de maio de 1995 en Sipi Choco - Colombia).

Internacional Sub-20 por Colombia, Juan Otero aterrou este mediodía na Coruña e pola tarde realizará un primeiro adestramento en Abegondo.

Firma por unha tempada polo Dépor, cedido polo seu Club de orixe, a Fortaleza FC.

En 2014 xogou Juan Otero en 18 partidos e marcou 5 goles na Primeira B colombiana. Na selección Sub-20 disputou 9 encontros e anotou 1 tanto.