RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

O Infantil A imponse ao Celta nun derbi marcado polo catro goles de Jacobo

O Infantil A impúxose (4-3) no derbi da Fase Galega polo Título disputado en Abegondo, adiantado ao fin de semana debido ao Torneo do Real Club Deportivo - Liga BBVA que se celebró o sábado na cidade deportiva branquiazul.

O gran protagonista do partido foi o deportivista Jacobo, autor do catro goles branquiazuis no partido.

Con este resultado e falta de dous partidos, o Infantil A suma 19 puntos na segunda posición da táboa, en dura pugna co Racing de Ferrol, que ten 16 puntos.

Infantil A: Baña, Ernesto, Pablo, Lucas, Calviño, Barbeito, Pichu, Samuel, Mosquera, Jacobo e Litos. Tamén xogaron: Añón e Iván Vilas.

O Galicia de Caranza será o próximo rival do Infantil A.

Así transcorre a Fase polo Título da liga Galega para o Infantil A:

Infantil A 0 - Areosa 2
Pavillón 1 - Infantil A 3 (Litos e Jacobo (2))
Infantil A 2 (Ernesto e Cabanas) - Racing de Ferrol 1
Celta 5 - Infantil A 3 (Lucas, Manu Barbeito e Ernesto)
Infantil A 4 (Pichu (2), Jacobo e Litos) - Galicia de Caranza 1
Vitoria 0 - Infantil A 2 (Ernesto (2))
Areosa 0 - Infantil A 0
Infantil A 5 (Pablo Fraga, Pichu, Ernesto, Ramil e Mosquera) - Pavillón 1
Racing de Ferrol 2 - Infantil A 1 (Mosquera)

Infantil A 4 (Jacobo (4)) - Celta A 3