RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

O Infantil A, terceiro na Oviedo Cup tras perder unha polémica semifinal co Oviedo

O Infantil A foi terceiro clasificado na Oviedo Cup tras perder (1-3) co Oviedo unha polémica semifinal, con dúas máis que rigorosos penaltis sinalados a favor do equipo local. Antes, en cuartos de final, o Deportivo empatou ante o Sporting de Xixón (1-1)

Como na outra semifinal o resultado foi de 8-0 a favor do Sevilla sobre o Celta, foi o Dépor o mellor perdedor e obtivo esa medalla de bronce nun torneo que cada ano gaña máis prestixio.
Pola súa banda, no Torneo 50 Aniversario do C.D. Foz, o Xuvenil B gañou (3-0) ao equipo anfitrión e o Infantil B perdeu (2-3) tamén ante o Foz, que desta forma homenaxeaba ás súas categorías inferiores no seu medio século de vida.