RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

O Infantil B golea ao Oza Xuvenil á espera do decisivo encontro ante a Beira

O Infantil B goleou esta noite (8-0) ao Oza Xuvenil na liga Local á espera do decisivo partido do próximo domingo 11 de marzo ás 12.00 en Elviña ante o Orillamar, segundo clasificado e cun punto de desvantaxe sobre os deportivistas que prepara Pulido.

O Dépor formou de inicio con: Rodri, Iván, Pablo, Igna, Ares, Roi, Aldán, Zalo, Varela, Jason e Juanpa. Tamén xogaron: Marcos, Callón, Adrián, Denis e Miguel.
Os tantos foron anotados por: Zalo (2), Jason (3), Callón e Denis (2).