O Orzán SD B sub-16 Femenino suma o seu primeiro punto en Segunda Autonómica
O Orzán SD B sub-16 Femenino sumou o seu primeiro punto en Segunda Autonómica ao igualar (1-1) co Atlético San Pedro, en partido correspondente á 2ª xornada.
Adiantáronse as visitantes nunha primeira metade algo frouxa das orzanistas.
Pero após o descanso, a pesar de que a media de idade do Orzán SD B sub-16 Femenino é de 15 anos e enfrontándose a un equipo sénior, o conxunto de Joel Rodríguez foi crecendo no partido até empatar grazas a un tanto de penalti transformado por Yanis Citoula.
A partir de aí as ocasións xa foron para as 'amarelas', algunhas claras para poder gañar o partido.
Orzán SD B sub-16 Femenino: Paula Bermúdez, Sofía de la Viuda, Tania Taboada, Teresa Figueiras, Noela García, Daniela Macedo, Carmen Espadas, Sofía Rodríguez, Sila Santiso, Alexia Freire e Yanis Citoula. Tamén xogaron: Lucía González, Yasmin Dahmouni, Sara Montes e Mar Vázquez.
A próxima fin de semana, o Orzán SD B sub-16 Femenino visita ao UD Santiso FC.
Os resultados até a data do Orzán SD sub-16 Femenino son os seguintes:
SCD Pastoriza 2 - Orzán SD B sub-16 Femenino 1 (Daniela Macedo) Orzán SD B sub-16 Femenino 1 (Yanis Citoula) - Atlético San Pedro 1