RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

O Orzán SD Xuvenil Femenino non perdoou a un Sárdoma CF B necesitado de puntos

O Orzán SD Xuvenil Femenino non perdoou (6-1) os erros dun Sárdoma CF B que se presentou na Torre moi necesitado de puntos.

Dunia Dahmouni -2-, Noa Fariña -2-, Ivana Fernández e Noe Gómez foron as goleadoras orzanistas nun partido correspondente á 8ª xornada na Primera Autonómica.

Con este resultado, o equipo de Abel Sánchez é líder da categoría con 21 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o Bergantiños CF e SD O Val, segundos con 19 puntos.

Orzán SD Xuvenil Femenino: Yaiza García, Daniela Basalo, Paula Martínez, Mica Baratelli, Ivana Fernández, Sofía Rodríguez, Candela Fernández, Noelia Furelos, Noe Gómez e Noa Fariña. Tamén xogaron: Dunia Dahmouni, Paula Bermúdez, Iria Otero, Paula Sánchez e Nadia Longueira.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita ao Domaio CF.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Femenino son os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Ivana Fernández e Dunia Dahmouni) - Umia CF B 1
Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 1 (Noe Gómez)
Victoria FC B 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Nadia Longueira, Dunia Dahmouni e Ivana Fernández)
Orzán SD Xuvenil Femenino 5 (Dunia Dahmouni -2- e Noe Gómez -3-) - Lóstrego CF B 1
SD O Val 3 - Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Ivana Fernández e Noelia Gómez)
Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Noe Gómez, Iria Otero e Candela Fernández) - SD Tordoia 1
Sporting Cambre 1 - Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Dunia Dahmouni -2-)
Orzán SD Xuvenil Femenino 6 (Dunia Dahmouni -2-, Noa Fariña -2-, Ivana Fernández e Noe Gómez) - Sárdoma CF B 1