RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O partido ante o Newcastle deixa 'tocados' a Urreta e Míchel

Os 90 minutos de onte en Riazor ante o Newcastle deixaron senllas lesións en Urreta e Míchel. O uruguaio sofre unha sobrecarga no cuádriceps dereito; e o mediapunta levantino unha contractura no bíceps femoral da súa perna dereita. Am

Para os futbolistas que formaron o once, á marxe de Urreta e Míchel, o traballo consistiu en recuperación, con ximnasio, masaxe e baño de contraste (fría-calor). Os demais (excepto os tamén lesionados Desmarets, Juca, Aranzubía e Antonio Tomás) adestráronse con intensidade no céspede de Abegondo. Lassad e Adrián exercitáronse con normalidade e mostraron xa a súa total recuperación.

Mañá xoves, o adestramento arrincará ás 10.00 horas en Abegondo. Haberá unha nova sesión pola tarde.