RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo homenaxea aos seus novos socios de Ouro

O Estadio ABANCA-RIAZOR acolleu na mañá de onte o acto de imposición da insignia de Ouro do Club a 10 socias e socios do RC Deportivo que esta temporada cumpren 50 ininterrompidas co seu abono Deportivista.

O acto comezou coa benvida a homenaxeados e acompañantes no acceso do Palco de Honra do estadio. De aí aos bancos e o terreo de xogo para recepción con merecidos honras e unha visita aos vestiarios de ABANCA-RIAZOR, facendo un percorrido pola historia do recinto e do Club. Un percorrido que ilustraron con experiencias e anécdotas tanto os protagonistas como os seus anfitrións, as lendas do Dépor Manolete, Beci e Piña.

O evento finalizou na Área 1906, onde tomaron a palabra tanto o presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, como Manuel Ríos Quintanilla "Manolete", que falou en nome de todos os homenaxeados ao cumprir 50 anos como socio do Deportivo, ao que se abonou xusto a temporada 1972-1973 na que abandonou a disciplina branquiazul rumbo ao Valencia CF.

Após as palabras, quenda para a entrega de diplomas, imposición de insignias e fotos para o recordo dunha xornada que se completou cun xantar no Restaurante Atlántico 57, dentro da complexo Playa Club e a presenza dos novos socios de ouro no Palco de Honra do Estadio para ver o partido entre o RC Deportivo e a AD Ceuta, nun broche perfecto a un día inesquecible após 50 anos xuntos.

Con carné de socio entre os números 306 e 315, un carné que lles permitirá acceder libremente a ABANCA-RIAZOR para sempre, son novas socias e socios de Ouro do RC Deportivo: Emilio Mosquera Ares, María Dolores Santos Bermúdez, Gabriel Martínez Gómez, Ismael Novelle Fernández, Santiago Díaz Rivas, Purificación Abuín Martínez, José Sanz Piury, Manuel Ríos Quintanilla, Jorge Bermúdez de Castro y Jaspe e Fernando Pousada Porteiro.