O San Tirso SD Infantil compite pero acaba derrotado polo Dépor
O San Tirso SD Infantil visitou hoxe martes ao Dépor en Abegondo en partido adiantado correspondente á 5ª xornada da División de Honra.
Os 'verdes' competiron a bo nivel pero os branquiazuis, con xogadores un ano maiores, decidiron o choque con 3 goles entre os minutos 33 e 38, é dicir, na recta final da primeira metade.
Con este resultado, o conxunto de Samuel Montoto queda con 3 puntos na 14ª posición da táboa.
San Tirso SD Infantil: Alejandro Pais, Sergio Infante, Mateo Varela, Manu Alcázar, Mario González, Javi Barros, Gandarela, Álex Martínez, Hugo Mateos, Leo Sánchez e Cabaleiro. Tamén xogaron: Brais Taín, Antón, Hugo Caridad, Hugo Ferreiros e Hugo Fernández.
O próximo partido do San Tirso SD Infantil en liga será no Monte o sábado 21 de outubro ante o CD Areosa. Antes, concretamente mañá mércores 11 ás 17:30, Hugo Ferreiros e Antón Vilariño están citados coa selección galega sub-14 no campo de Valiño (Boiro) para un amigable ante o EFM Concello de Boiro.
Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:
CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela) San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3 UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-) San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4 Deportivo 5 - San Tirso SD Infantil 0