RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENÍS

O Xuvenil A disputa mañá sábado o torneo do Portonovo S.D.

O Xuvenil A comeza mañana sábado os seus compromisos de pretemporada cun torneo organizado polo Portonovo S.D. O calendario de partidos da primeira fase, cos seus horarios, é o seguinte:  

10.45: XUVENIL A - VITORIA GUIMARAES
11.30: RAIO VALLECANO - XUVENIL A
13.45: PORTONOVO - XUVENIL A
 
As semifinais xogaranse a partir das 17.00 horas e a gran final ás 19.30.
 
Secho conta con estes xogadores: Rodrigo, Callón, Marcos Castro, Cardelle, Nacho, Juanpa, Brais, Rei, Santiso, Aldán, Denis, Joaquín, Roberto, Gabi e Eloy (todos eles procedentes do Xuvenil B). A eles hai que unir os reforzos: Morgado (defensa central do Vilarreal), Borja Escoms (defensa polivalente procedente do Real Zaragoza); Dani Martínez (extremo procedente do Atlético de Madrid), Óscar Novo (mediapunta que chega do Real Madrid) e Javier Vispo (centrocampista formado nas categorías inferiores do Dépor e que a pasada campaña militou no Racing de Ferrol).
 
Son baixa por estar a adestrar co Fabril: Insua, Uxío, Iago, Alvaro Lemos, Queijeiro e Luís. David Gómez atópase concentrado co primeiro equipo.

Ata o momento ten fixados estes partidos amigables:

6 de agosto: Torneo do Portonovo S.D.
10 de agosto: Olímpico - Xuvenil A en Vilaboa
15 de agosto: Villestro - Xuvenil A en a localidade santiaguesa, na homenaxe a Sergio Lemos
27 de agosto, o Xuvenil A participará no torneo que organiza a S.D. Arrabaldo na citada localidade ourensá, con outros equipos da División de Honra

O Xuvenil A arrincará a liga na División de Honra no Mundo do Fútbol ante o Pontevedra o próximo 4 de setembro. Unha semana despois, o 11, visitará ao Raio Cantabria. Finalizará a liga en Abegondo ante o Lugo o 15 de abril. Os dous derbis ante o Celta serán na cuarta xornada na Madroa (25 de setembro) e na segunda volta no Mundo do Fútbol con motivo da decimonovena xornada, o 22 de xaneiro.