RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

O Xuvenil A gana ao Oviedo e consolídase na terceira posición

O Xuvenil A impúxose esta tarde ao Oviedo no campo asturiano do Requexón (1-3) e consolídase na terceira posición, tres puntos por baixo do Celta, segundo clasificado, e a oito do líder, Real Racing Club, que o domingo que vén visitará 'O Mundo do Fútbol'

José Luís Devesa, técnico branquiazul, aliñou de inicio a: Alberto, Hugo, Seoane, Rochela, Peralta, Capelo, Geri, Javi Redondo, Carmona, Juan e Añón. Tamén xogaron Raúl, Rivadulla, Dani e Louro.
Os tantos deportivistas foron anotados por Añón, Capelo e Javi Redondo de penalti.

Nos outros partidos de categorías inferiores, o Cadete A venceu (2-0) aos Montañeiros no derbi coruñés da División de Honra. Juan Carlos e David Mendez foron os anotadores.
E na liga Galega infantil, o Infantil A goleou (9-0) ás Marabillas con tantos de Marcos (4), Alvaro (2), Pablo Regueiro, Lemos e Vispo.
Para mañá quedan dous encontros: O Xuvenil B viaxa a Vigo para medirse ás 12.00 ao Ureca; e na liga Galega cadete, o Cadete B recibe en 'O Mundo do Fútbol' ao Racing de Ferrol a partir das 12.00.