RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENÍS

O Xuvenil A inicia a División de Honra en Abegondo ante o Pontevedra

- Foto: Susi García - O Xuvenil A arrincará a liga no grupo primeiro da División de Honra en Abegondo, ante o Pontevedra, o 7 de setembro próximo, según o calendario feito público pola Federación Espa&n

Os derbis co Celta serán pronto: en Abegondo o 21 de setembro, na terceira xornada ligueira a ida; e na Madroa o 11 de xaneiro de 2015 a volta.

O cadro deportivista pechará a competición tamén en Abegondo ante o Real Oviedo A, o 11 de abril.

O Xuvenil A iniciou a pretemporada o pasado martes 22 de xullo, con estes futbolistas: Héctor, José Fandiño, Roi, Pedro, Miguel Real, Nico Sánchez, José Moure, Francisco Calviño, Marcos Lorenzo, Pablo Martí, Blas, Álvaro, Manu, Óscar, Miguel Novelle, Pancho, Hugo e Gabi. A maiores exercitarase Tasende, porteiro que pertence ao Xuvenil B, porque a meta Anxo adéstrase de momento co Fabril, ao estar David Gómez co primeiro equipo.

A pretemporada do Xuvenil A marcha así:

XUVENIL A 2  (Óscar e Pancho) - BETANZOS (Rexional Preferente) 0
2 de agosto: XUVENIL A - RACING VILALBÉS (Terceira División), en Abegondo ás 18.00 horas