RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Cadete A, un ciclón

O Cadete A sumó ante a Vitoria o seu segundo triunfo (3-0) da tempada noutras tantas xornadas, co que o conxunto deportivista segue no alto da táboa e, además, sen ningún tanto en contra. Onte, de feito, os dominios de Miguel &Aacute

Cadete A 3 - 0 Vitoria

Na segunda metade, o panorama de dominio dos locais non variou e no minuto 50 Felipe enviou un tiro ao poste. Juancar fixo o propios instantes despois. Finalmente foi Álex Pérez (que logrou desta forma o seu primeiro tanto da tempada) o que afinou a puntaría e estableceu o 2-0 ao culminar unha boa asistencia de Miguel Varela.
Con todo, esta renda non lle pareceu suficiente aos xogadores adestrados por Secho, que continuaron asediando a meta da Vitoria. O 3-0 só era cuestión de tempo e Marín anotouno en xogada persoal finalizada cun tiro cruzado que sorprendeu ao cérbero blanquinegro. En definitiva, un choque cómodo para o Cadete A.

Campo:
Abegondo.
Cadete A: Miguel Anxo, Palacios, Zalo (Marín, m. 45), Cardelle (Miguel Varela, m. 55), Uxío, Adrián, Senso, Álex Ares, Juancar, Diego Uzal (Álex Pérez, m. 49) e Felipe.
Vitoria: Víctor (Antonio, m. 75), Danilo (Antón, m. 75), Damián, Pose (Hugo, m. 40), Iago, Denis, Manuel, Lucas (Jesús, m. 40), Iván, Martín e Jorge (Xullo, m. 54).
Árbitro: Carreira Parrado (A Coruña).
Goles: 1-0, m. 25: Juancar. 2-0, m. 66: Álex Pérez. 3-0, m. 77: Marín.

 

Santa Comba 0 - 4 Cadete B

Campo: Castriz.
Santa Comba: Vila, Iván, Martín, Francisco, David, Pablo, Esteban, Josué, Cristian, Daniel e Anxo. Tamén xogaron: Sergio, Antonio, Darío, Alejandro e Sergio.
Cadete B: David, Monzo, Tomás, Ínsua, Peru, Vispo, Regueiro, Diego, Iago Beceiro, Álvaro Queijeiro e Jorge. Tamén xogaron: Patiño, Javier, Andrés e Marcos.
Árbitro: Galego Hernández (A Coruña). Mostrou cartón amarelo aos locais Pablo e Cristian e aos branquiazuis Tomás e Diego.
Goles: 0-1, m. 39: Iago Beceiro. 0-2, m. 45: Álvaro. 0-3, m. 55: Andrés. 0-4, m. 70: Marcos, de penalti.