RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Oltra e Valerón, atracción en Espazo Coruña na entrega do Fiat 500 Pop

José Luís Oltra e Juan Carlos Valerón, rodeados por uns 300 enfervorizados afeccionados, entregaron en Espazo Coruñao Fiat 500 Pop a Antonio Rodríguez Ramos, socio 4.520 e gañador do vehícu tras superar o tres roldas de

Espazo Coruña e o Deportivo ofreceron esta tempada a posibilidade de gañar un coche gratis. Todos os socios que retirasen o seu abono para a tempada 2011-12 participaron nun sorteo ante notario. Os 101 socios elixidos o sorteo tiveron a oportunidade de gañar o Fiat 500 Pop.

Para iso, eses 101 socios tiñan que marcar un gol a portaría baleira desde o medio do campo do Mundo do Fútbol. As persoas que fallaron recibiron alí mesmo unha mochila do Dépor e unha camiseta de paseo Lotto.

Ademais, o Club repartiu entre os seus socios entradas para os partidos en Riazor para o palco presidencial e os palcos VIP; e carnés de agasallo para a próxima tempada.