RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol Rise pide no Camp Nou 'meter moita intensidade, ser moi solidarios'

Oriol Rise reconoció esta mañana en rolda de prensa que "é complicado puntuar no Camp Nou. Enfrontámonos ao mellor equipo do mundo. Pero hai que ver que nos estamos xogando a vida, que para nós non hai outro partido, é o último,

Insiste en que "é un partido importante para todos nós, para os que van ir convocados, para os que non van convocados, para os que están lesionados... É un partido que marca a carreira de todos. Se te mantés todo o mundo sae beneficiado e se non, non".

Subliña o dianteiro branquiazul que "para nós é o partido da nosa vida neste momento. Teñen que sentir que nós nos estamos xogando moitísimas cousas, e eles non se están xogando nada. Teñen que notar ese sufrimento que nós temos e tentar xogar con iso".

Apunta Oriol que o Deportivo debe facer no Camp Nou "un partido intelixente. Quitarlle o balón ao Barça é practicamente imposible. Hai que tentar meter moita intensidade, ser moi solidarios, tentar tapar ocos a través do esforzo e a solidariedade".

Desvela o ariete branquiazul que o vestiario ten a sensación de que "se puntuamos, temos opcións moi altas de permanecer en Primeira División. Hai ilusión de xogar este partido, de competilo e de ver que é o que pasa. Foi unha tempada longa, con moitas cousas deportivas e extradeportivas".