RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

Os equipos cadetes do Deportivo ascenden na clasificación

- Foto do Infantil B por Elkin - Catro equipos das categorías inferiores do Deportivo (Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil B) tiveron partido hoxe luns 8 de decembro, día festivo. Para o tres primeiros conxuntos foi unha nova xornad

Sobresaíu o triunfo do Cadete A sobre o Racing de Ferrol, co que recupera a segunda posición da División de Honra; e a gran vitoria do Cadete B, cun xogador menos por expulsión da meta Antón, fronte ao Viveiro, coa que ascende ao liderado da liga Galega por primeira vez esta tempada en detrimento de os viveirenses.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil
Liga Nacional: RACING DE FERROL 2 - XUVENIL B 4 (Adrián, Lema, Vila e Iago Novo)

Categoría cadete
División de Honra: RACING DE FERROL 0 - CADETE A 4 (Víctor (3) e Antón)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 2 (Armas e Óscar Lorenzo) - VIVEIRO 1

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º: MARABILLAS 0 - INFANTIL B 8 (Añón, Damián, Viña, Yago (3), Pablo Mosquera e Iago)