RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Nosos activan desde mañá domingo o modo playoff de ascenso

Concluído o encontro de Pasarón, Os Nosos adestraranse de novo mañá domingo a partir das 10:30 en Abegondo, con almorzo previo a partir das 09:00.

Será unha sesión de recuperación para os titulares esta tarde en Pontevedra e máis intensa para o resto.

A próxima cita para o Dépor será xa o partido de ida das semifinais do playoff de ascenso. Ao quedar finalmente o Dépor en 4ª posición da clasificación na liga, o rival será o 3º clasificado do grupo 2º, o CD Castelló, xa a fin de semana que vén en ABANCA-RIAZOR.