RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os novos 125 Socios de Prata do Real Club Deportivo recibiron as súas insignias

Os socios que este ano cumpren 25 anos como abonados do Real Club Deportivo recibiron este mércores 19 e xoves 20 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR as correspondentes insignias de prata do Club.

Os novos Socios de Prata celebraron a súa festa no Estadio ABANCA-RIAZOR, divididos en dúas xornadas. Para empezar a velada, os socios puideron gozar dunha pequena visita guiada polas entrañas do recinto, pisar o vestiario deportivista e sentar nos bancos.

Os 125 novos posuidores da insignia de prata do Deportivo recibiron a mesma na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, nun acto no que os abonados Bajrudin Djogo, o mércores, e Alberto Sánchez García, o xoves, falaron en nome dos homenaxeados. Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, entregou as insignias xunto a catro lendas deportivistas: Fran, Manuel Pablo, Ramón Piña e Carlos Ballesta. Posteriormente, todos os invitados gozaron dun cóctel na Área 1906 e puideron fotografarse cos 7 trofeos oficiais conquistados polo Club: a Liga 1999-2000, as Copas do Rei de 1995 e 2002, a Copa España de 1912 e as Supercopas de España de 1995, 2000 e 2002.

Os socios que desexen obter as fotos destes actos poden descargalas na seguinte ligazón:

FOTOS COMPLETO ACTO ENTREGA INSIGNIAS PRATA 2023 (DESCARGA)