RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os socios poderán liberar asentos que non vaian utilizar para a semifinal do playoff até o martes ás 10:00

Dado o día e a hora da publicación do horario do partido de ida do playoff de ascenso que se disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR (domingo 4, 19:00 h.) o RC Deportivo amplía até as 10:00 h. de mañá martes día 30 a posibilidade de liberar os seus asentos para que poidan ser comercializados polo Club e beneficiarse dunha compensación económica.

O prazo para a liberación de asentos, exclusivamente para este primeiro partido de eliminatoria do playoff continúa aberto na páxina https://rcdeportivo.es/liberacionasientos e péchase mañá martes 30 ás 10:00 h.

A través desa páxina realízase o proceso de liberación, para o que só hai que completar o formulario cos datos de abonado do asento a liberar. Unha vez enviado o formulario non será posible reverter o proceso e a localidade quedará definitivamente liberada.

A compensación por liberación na semifinal do Playoff de ascenso a Segunda División corresponderá ao 50% do prezo da entrada da mesma bancada que o abono. O importe descontarase no prezo do abono do RC Deportivo da Temporada 2023-2024. A compensación unicamente poderá ser obtida como desconto sempre que se renove o abono da Temporada 2023-2024 na mesma modalidade de abono con asento asignado. En caso de non renovar o abono na Temporada 2023-2024 perderase o dereito á compensación que, en ningún caso, materializarase en diñeiro en efectivo.

En agradecemento ao seu apoio incondicional e compromiso durante toda a tempada, todas as persoas que teñan carné, con localidade, do Dépor 22-23 non terán que pagar ningún suplemento. As socias e socios do Deportivo poderán acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital (este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app).