RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Os veteranos caen pola mínima no seu debut no Porto

  O equipo de veteranos do Dépor cayó no seu debut nesta tempada da liga de Fútbol Indoor. Fíxoo pola mínima ante o O Porto en terras lusas (7-6) después de ir boa parte do encontro por diante no marcador.

O partido foi moito máis igualado que o da tempada pasada e os branquiazuis (neste encontro xogando de amarelo) tivérono controlado en todo momento e mesmo chegaron a gozar de dous goles de vantaxe, pero un tanto de Maniche no desconto deu ao traste coas aspiracións do equipo dirixido por Donato, que terá que buscar os primeiros puntos da tempada o vindeiro venres nas Travesas (20:45) ante o Celta de Vigo.
 
7 - FC Porto: Silvino; Maniche, Rui Barros, Capucho e Pedro Mendes. Tamén xogaron: Ze Carlos, Bandeirinha, Bino e Mario Silva.
 
6 - Deportivo da Coruña: Fran Martínez; Manjarín, José Ramón, César e Miguel. Tamén xogaron: Jacobo, Rubén, Chema e Mauri.
 
Cartóns: Amarela a Mario Silva. Rubén foi expulsado por parte do Deportivo e Capucho por parte do FC Porto.
 
Goles: 0-1 Jacobo (min. 6), 1-1 Maniche (min. 8), 2-1 Capucho (min. 9), 2-2 Jacobo (min. 18), 2-3 Rubén (min. 19), 3-3 Capucho (min.25), 3-4 Jacobo (min.43), 4-4 Maniche (min.43), 4-5 Jacobo (min.48), 4-6 Mauri (min.56), 5-6 Rui Barros (min.56), 6-6 Rui Barros (min.58), 7-6 Maniche (min.60)
 
Pavillón: Dragao Caixa.