RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Henar Muiña

Henar Muiña foi sometida a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para saber o alcance exacto da lesión que lle obrigou a pedir o cambio no minuto 14 do partido de onte ante o Granada CF en Abegondo.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo coordinados polos doutores Ramón Barral e Alejandro Mejuto confirmaron que o mediocentro do Deportivo ABANCA sofre unha escordadura no seu nocello esquerdo.

Henar estará os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia ata que a súa evolución permita o pase á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Neste caso, o tempo ademais xoga en favor da recuperación da futbolista branquiazul, posto que a próxima semana non hai competición en Primera Federación Iberdrola. A seguinte cita para As Nosas será o domingo 16 de abril ás 12:00 na Ciudad Deportiva Andrés Iniesta ante o CD Alba Fundación Femenino.