RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Pedro Mosquera: ''o vestiario sorprendeume. Todos levan moi ben''

  Pedro Mosquera realizó esta tarde o seu primeiro adestramento co Deportivo. Ao finalizar o seu traballo co grupo, ofreció as súas primeiras impresións aos medios de comunicación, en rolda de prensa: "o vestiario sorpre

 
Defínese futbolísticamente como mediocentro: "Gústame xogar por diante da defensa. Gústame ter o balón, tentar que o equipo teña a posesión, e a partir de aí que o equipo xogue ben. Para os que non me coñecen xoguei nas categorías inferiores do Real Madrid, no Xetafe e no Elxe".
 
Varios coruñeses están agora facendo a pretemporada co primeiro equipo: Álex Bergantiños, Óscar, Róber, Juan Domínguez, Insua... Agora chega Pedro Mosquera: "Cuantos máis xogadores da casa haxa, moito mellor. Eu son de aquí. Coñezo ben o que é o Club. Desde pequeno se o que é o Deportivo da Coruña, o que significa. Para min o Dépor é un dos equipos da liga máis importantes nos últimos 20 anos, si que é verdade que ultimamente non tivo tantos éxitos deportivos como cando eu era pequeno e estaba aquí. Pero é un club súper importante e para min coñecido a nivel mundial", apunta.
 
Recoñece o futbolista coruñés que "cando estas en casa e ves as fotos do Torneo de Brunete (torneo da Fundación o Traveseiro) e o Torneo Internacional de fútbol sete (en Tenerife) sempre tes a morriña de volver aquí, coa túa xente, coa túa familia e sobre todo coa xente da túa cidade. Levo quince anos fóra. Funme con 12 anos e teño 27. Volver a casa é un luxo. Ademais, Coruña, todo o mundo sabe a calidade de vida que hai aquí. Veño traballar, a tentar axudar ao equipo no que poida. E a tentar este ano facer unha boa tempada".
 
 
Esta foi unha xornada moi intensa para Pedro Mosquera. Tras as probas médicas ás que foi sometido á primeira hora da mañá no Hospital HM Modelo, o xogador branquiazul pasouse pola sede do Club na Praza de Pontevedra para asinar o seu contrato. De aí, a facer a maleta, comer, descansar e adestrar xa cos seus compañeiros. Rolda de prensa en Abegondo e autobús rumbo ao Porto para pór punto final ao seu primeiro día como xogador do Dépor.