RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Remeseiro e Queijeiro seguirán unha tempada máis no Fabril

Marcos Remeseiro e Álvaro Queijeiro seguirán unha tempada más no Fabril. Ambos contestaron afirmativamente á oferta de renovación que lles trasladó o Club fai uns días.

Ademais dos dous, Manuel Mosquera conta ata agora con estes futbolistas: Dani Igrexas, Bicho, Cañi, Álex, Felipe Ramos, Deak, David, Callón, Toni, Róber, Sidibe, Teles, que regresa da súa cesión ao Guijuelo; e Adrián e Miguel Cardoso, que tamén renovaron por unha tempada-

Son baixa no filial: Juanpa, Romay, Uxío, Marc Martínez, Aarón, Marc Nierga, Tonci Mujan e Chiño.

O persoal fabrilista completarase con futbolistas en idade xuvenil que xa a tempada pasada estiveron practicamente toda no Fabril: Óscar, Quique Fornos e Anxo; e xogadores que subirán dos xuvenís, cuxos nomes serán feitos públicos nos próximos días.

O filial deportivista, con Manu Mosquera á fronte, arrincará a pretemporada o próximo 17 de xullo en Abegondo.