RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo, ademais do partido de fútbol 8 do Alevín A ante o CF Deportivo Orzán, último do subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas, xogaron os dous filiais en Abegondo.

O Fabril empatou (1-1) ante a UD Ourense, un equipo en praza de playoff de ascenso e que estivo arroupado nas bancadas da Cidade Deportiva por, polo menos, un centenar de ruidosos afeccionados vermellos. O partido tivo de todo para o Fabril: un expulsado, un lesionado, un penalti fallado, un marcador en contra e un gol de Mella que significa un punto que vale ouro a estas alturas da temporada.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, á espreita do liderado da Primeira Nacional, venceu (2-0) ao Lóstrego CF. O vestiario branquiazul celebra a participación de Lucía Rivas nuns adestramentos coa selección española sub-16 que tiveron lugar do pasado luns 27 ao mércores 29. Con ficha cadete do Orzán SD, esta atacante de Caldas de Reis alterna partidos co Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional co Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica. Esta fin de semana, por exemplo, foi titular e marcou un dos dous goles do seu equipo. Lucía Rivas colle a substitución doutra deportivista, Elena Vázquez, que acaba de lograr coa selección española sub-17 o pase á Fase Final do Campionato de Europa do próximo mes de maio en Estonia.

Tamén en Abegondo o Xuvenil B, enrabietado pola súa derrota da pasada fin de semana en Lugo, gañou na liga Nacional (2-1) a un ED Val Miñor Nigrán 4º na táboa e que opuxo unha férrea resistencia.

Pecharon a xornada en #ANOSACANTEIRA con triunfo os partidos do Orzán SD Xuvenil Feminino na Torre (3-2) ante o Escola FB Amistade; e o do Orzán SD Cadete B Feminino en San Pedro de Visma 1 (0-4) na súa visita ao Silva SD.

Onte sábado, un só partido celebrouse en Abegondo: o Infantil dobregou ao Arosa SC (4-0). Os branquiazuis marchan na 2ª posición da División de Honra, iso si, algo distanciados do liderado.

Ademais do Alevín en Lugo no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 (1-4) nun partido entre os dous primeiros clasificados do subgrupo norte, fóra de casa o Xuvenil A gañou en Oviedo ao CD Covadonga (0-2), o Orzán SD Cadete Feminino en Gondomar ao Lóstrego CF (1-3) e o San Tirso SD Infantil nas Eiroas de Carballo ao Bergantiños CF (0-4); mentres que o Orzán SD Infantil Feminino non puido co Atlético Arousana en Vilagarcía (7-2).

Os alevíns Thiago Montes, Iker Obeso e Antón Vilariño participaron o pasado mércores coa selección galega sub-12 nun partido en Meis ante o Arosa SC infantil.

Esta fin de semana non xogaron o Cadete e o San Tirso SD Cadete, cuxos partidos ante o Coruxo FC e Viveiro CF disputaranse o próximo 1 de maio debido á participación da selección galega sub-16 na Fase Final Ouro do Campionato de España. En semifinais, Galicia caeu ante Cataluña (1-0), cos deportivistas Anxo Regueiro, Pablo García, Samu Fernández, Lucas Castro no once inicial; e con participación tamén de Nico Ruiz e Rubén Fernández saíndo desde o banco. Tamén foi titular Iker Fernández, do San Tirso SD Cadete.

Fabril FC Benxamín e Benxamín A abriron o pasado martes 28 de marzo o calendario en #ANOSACANTEIRA con motivo da última xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

O partido adiantouse ao fin de semana debido a que o Fabril FC Benxamín, xunto ao Fabril FC Alevín, participaron no Torneo de Fútbol Basee Estrella de Móstoles no que os alevíns foron subcampións e os benxamíns ocuparon a cuarta posición.

O Benxamín A venceu (2-11) e pechou o subgrupo con pleno de triunfos: 48 puntos de 48 posibles; mentres que o Fabril FC Benxamín é 5º na táboa con 23 puntos, á espera do que faga o Victoria CF, 6º con 21 puntos, no seu partido ante o CD Calasanz.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
27ª xornada: FABRIL 1 (Mella) - UD OURENSE 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, 25ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Lucía Rivas e Laura Otero) - LÓSTREGO CF 0

Primeira Autonómica, 25ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Laura Santos, Emma Gandoy e Iria Otero) - ESCOLA FB AMISTADE 2

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 21ª xornada: SILVA SD 0 - ORZÁN SD CADETE B FEMININO 4 (Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-)

Fase polo Título Galego cadete, 2ª xornada: LÓSTREGO CF 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)

Fase polo Título Galego infantil, 4ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA 7 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 2 (Marta Moreno -2-)

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: CD COVADONGA 0 - XUVENIL A 2 (Ogando e Vilela)

Liga Nacional, 27ª xornada: XUVENIL B 2 (Zoe e Mesfin) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada: INFANTIL 4 (Nico -2-, Casuso e Iker Rozada) - AROUSA SC 0

División de Honra, 25ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 6ª xornada: CD LUGO 1 - ALEVÍN 4 (Yael López -2-, Iker Obeso e Thiago Montes)

Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última): ALEVÍN A 18 (Leo Sánchez -5-, Mario González -4-, Mateo Varela -2-, Hugo Caridade -2-, Yael López, David Ramos, Daniel Alonso, Manu Alcázar e Sergio Infante) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

XIX Torneo Estrella de Móstoles, no campo del Soto
Sábado 1 de abril
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - AD ILLESCAS 0
RAYO ARRIACENSE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Álvaro Gómez-3-, Nacho Villanueva e Hugo Pousa)
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - REAL MADRID CF 2

Domingo 2 de abril
Fase Ouro
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Macedo e Enzo Pose) - CD MÓSTOLES URJC 2. A penaltis: 3-2
Final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - REAL MADRID 2

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última, xogado o pasado martes): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Breogán Díaz e Leo Lorenzo) - DEPORTIVO 11 (Miguel Candal -3-, Mateo Carballeira -2-, Thiago López -2-, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Alejandro Astray e Hugo Bujía)

XIX Torneo Estrella de Móstoles, no campo do Soto
Sábado 1 de abril
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Mateo Songo'o -3-, Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo e Leo Lorenzo) - RAYO ARRIACENSE 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o) - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 0
CD MÓSTOLES URJC 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Domingo 2 de abril
Fase de Ouro
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - REAL MADRID 12
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 0. A penaltis: 2-3