RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados dos partidos ligueiros en #ANOSACANTEIRA

Tres equipos puxeron hoxe domingo 9 de abril o punto final a unha longa semana de partidos ligueiros en #ANOSACANTEIRA, con citas cada día desde o pasado martes.

O Fabril venceu ao UD Somozas (0-2) na antepenúltima xornada en Terceira RFEF. Os fabrilistas manteñen 2 puntos de vantaxe á fronte da táboa sobre o Arosa SC a falta de 2 partidos.

A próxima semana o equipo de Óscar Gilsanz recibe ao Racing Villalbés e finaliza a liga regular no Barco de Valdeorras. Os arousáns mídense no seu campo ao UD Somozas e visitan no último partido ao Racing Villalbés.

Ademais houbo dous partidos na División de Honra cadete: o Dépor en Abegondo ante o CD Choco (4-0) no seu camiño vitorioso cara ao título; e o San Tirso SD Cadete en Fragoselo (Vigo) fronte ao Coruxo FC (2-0) na pelexa pola salvación.

O partido do Xuvenil A de a División de Honra ante o Coruxo FC en Abegondo, centrou a atención de #ANOSACANTEIRA o pasado venres. Os branquiazuis venceron con gol de Seydiba (1-0) no minuto 90 e situáronse a 2 puntos do líder, o RC Celta, que caeu en Santander co Real Racing Club (2-1).

O pasado xoves 6, xa día festivo, houbo xornada na División de Honra cadete con dous partidos e dous triunfos na Cidade Deportiva: O Dépor, líder destacado, gañou ao Victoria CF (5-0) e o San Tirso SD Cadete ao CD Areosa (1-0) nun duelo crave na zona perigosa da táboa.

Un único partido celebrouse o mércores 5 de abril: O San Tirso SD Infantil, que participou esta fin de semana na Oviedo Cup, impúxose (2-0) na Cidade Deportiva ao CD Lugo e ascende á zona media da clasificación.

O martes 4, o Infantil gañou (0-2) ao Victoria FC de Santiago no Municipal do Sergas con goles de Borja e dun futbolista local en propia meta. O choque adiantouse debido tamén á participación do conxunto branquiazul na Oviedo Cup.

Finalmente, non houbo partido oficial para Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Orzán SD Xuvenil Feminino, Orzán SD Cadete B Feminino, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino e Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11; ademais de Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A, estes 3 últimos equipos á espera de arrincar a segunda fase da temporada de fútbol 8.

Os resultados de toda a semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
28ª xornada: UD SOMOZAS 0 - FABRIL 2 (Martín Ochoa e Mella)

Categoría xuvenil
División de Honra: 26ª xornada: XUVENIL A 1 (Seydiba) - CORUXO FC 0

Categoría cadete
División de Honra, 29ª xornada: CADETE 5 (Lucas -2-, Samuel -2- e José Rey) - VICTORIA CF 0
División de Honra, 29ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Miguel de Labra) - CD AREOSA 0

División de Honra, 30ª xornada: CADETE 4 (José Rey, Nico Ruiz, Daniel e Rubén) - CD CHOCO 0

División de Honra, 30ª xornada: CORUXO FC 2 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 26ª xornada: VICTORIA FC 0 - INFANTIL 2 (Borja e un futbolista rival en propia meta)

División de Honra, 26ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nikolay e un futbolista rival en propia meta) - CD LUGO 0