RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario de mañá domingo

ANOSACANTEIRA está inmersa nunha nova fin de semana na que empezan a súa competición de liga o Deportivo ABANCA B, Xuvenil B e os dous equipos cadetes.

Así, hoxe sábado iniciou a liga en Abegondo o Deportivo ABANCA B con triunfo (2-1) ante o Victoria FC e dobrete da internacional española Lucía Rivas.

Pola tarde, o Xuvenil A caeu (3-4) coa SD Compostela na 2ª xornada na División de Honra nun partido de tolemia que levaron os santiagueses cun gol no minuto 90.

Tamén en casa, pero neste caso no Monte, o San Tirso SD Cadete estreouse con derrota (1-2) na División de Honra fronte ao CD Areosa.

Para mañá domingo queda o partido do Fabril ante o Rayo Cantabria correspondente á 2ª xornada en Segunda Federación. Os pupilos de Óscar Gilsanz preséntanse ante #ANOSAFORZA cun grupo numeroso de xogadores que xa estiveron boa parte da temporada en dinámica do primeiro equipo; e coas boas sensacións do empate en Avilés ante o vixente subcampión de liga.

Será baixa Iano Simão, concentrado con Guinea-Bisáu para un partido o luns 11 de setembro ante Sierra Leona, clasificatoria para a Copa de África.

O RC Deportivo mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todas as acodes socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras acodes socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Ademais na xornada dominical, o Xuvenil B comeza a liga Nacional na Cidade Deportiva (11:00) ante o CD Lugo B; e o Cadete, vixente campión, a División de Honra co seu choque en Nigrán ante o ED Val Miñor (12:00).

Finalmente o San Tirso SD Infantil acabou subcampión do Trofeo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra); e os dous equipos alevíns (por exemplo o Alevín A na foto da noticia) e os dous conxuntos benjamines compiten hoxe sábado e mañá domingo no Torneo Cidade de Narón, todos eles na súa primeira semana de pretemporada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - VICTORIA FC 1

Segunda Federación
2ª  xornada: FABRIL - RAYO CANTABRIA, mañá domingo 10 de setembro ás 13:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A 3 (Domínguez, Carreira e Mardones) - SD COMPOSTELA 4

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO B, mañá domingo 10 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE, mañá domingo 10 de setembro ás 12:00 en Condomínguez (Nigrán)

División de Honra, 1ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Gael) - CD AREOSA 2

Categoría infantil
Mércores 6, amigable: INFANTIL 0 - URAL ESPAÑOL CF B (cadete) 1
Xoves 7, Amigable: INFANTIL - IMPERÁTOR OAR (cadete), aprazado

Mércores 6, amigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Ferreiros) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
XII Torneo Apertura, en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 9 de setembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Thiago Montes) - EF PORTERO 2000 1
RC CELTA 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Javi Barral)
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - FC PORTO 1

O San Tirso SD Infantil foi subcampión con estes resultados

Categoría alevín
VIII Torneo de fútbol base Cidade de Narón, en Río Seco
Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
ALEVÍN A 2 (David Gómez e Nacho Villanueva) - CULTURAL LEONESA B 0 
ALEVÍN A 0 - URAL ESPAÑOL CF 0
ALEVÍN A 9 (David Gómez -3-, Hugo Pousa, Hugo Macedo, Jorge Fernández, Nacho Villanueva, Martín López e Iván Gil) - CD AS PONTES 0

Domingo 10 de setembro
11:15: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 3)
Segundo clasificación, os equipos accederán a unha Fase Final, a partir das 14:15

VIII Torneo de fútbol base Cidade de Narón, en Río Seco
Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
SDCR NARÓN O FREIXO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Alejandro Astray, Hugo Oliveira e Thiago López)
CD QUIRINAL 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Sánchez)

Domingo 10 de setembro
11:45: SC BRAGA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
13:45: CD CONXO SANTIAGO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
Segundo clasificación, os equipos accederán a unha Fase Final, a partir das 14:15

Categoría benjamín
VIII Torneo de fútbol base Cidade de Narón, en Río Seco
Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo -2-, Mateo Songo'ou e Leo Lorenzo) - CD QUIRINAL 0
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo, Mateo Cardelle, Yago Prieto e Adrián Liñares) - CD CALASANZ 0
BENXAMÍN A 11 (Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o -2-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle, Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Breogán Díaz) - CD NARÓN 0

Domingo 10 de setembro
10:15: BENXAMÍN A - CLUB DE CAMPO (campo 3)
Segundo clasificación, os equipos accederán a unha Fase Final, a partir das 14:15

VIII Torneo de fútbol base Cidade de Narón, en Río Seco
Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Brais Iglesias -2-, David Santiago -2-, Leo Barros, Martín Martelo e Nico Castro) - SDCR NARÓN O FREIXO 0
CULTURAL LEONESA B 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Galván -3-) 

Domingo 10 de setembro
10:15: SC BRAGA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
12:15: SDCyR ÁNIMAS - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
Segundo clasificación, os equipos accederán a unha Fase Final, a partir das 14:15