RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril ás 12:00 en Abegondo en loita polo ascenso

O centro de atención en #ANOSACANTEIRA está no partido do Fabril ante o Racing Villalbés correspondente á 29ª xornada (penúltima) en Terceira RFEF e que se xogará mañá domingo 16 ás 12:00 horas (Youtube RC Deportivo).

Á mesma hora, o Arosa SC, 2º con 2 puntos menos na táboa e único equipo capaz de arrebatarlle aos fabrilistas a primeira posición e o consecuente ascenso directo a Segunda RFEF, recibe na Lomba ao UD Somozas. Os fabrilistas serán campións matematicamente e por conseguinte ascenderán a Segunda RFEF se gañan aos lucenses e non o fan no seu partido os arousáns; ou se empatan os branquiazuis e perden os arlequinados.

Óscar Gilsanz, adestrador fabrilista, citou a todo o seu cadro, aínda que Tim e Rubén están lesionados e son baixa.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva.

Ademais, o Deportivo ABANCA B visita ao UD Llanera, ás 12:00 na localidade asturiana.

O vestiario deportivista celebra a recente convocatoria de Elena Vázquez pola selección española sub-17 para uns adestramentos que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz do Pi do luns 17 ao mércores 19 de abril. A defensa carballesa incorporarase á concentración do equipo nacional o luns 17. Ademais de Elena Vázquez, Kevin Cabado conta, despois de moitas semanas, con Paula Monteagudo, que finalmente non entrou na lista do primeiro equipo que viaxa a Albacete. Completan a convocatoria do Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Reigosa, María Calvo, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Celia, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati, Laura Otero e Noela; ademais de Abril Pazos e Lucía Rivas, ambas as cadetes do Orzán SD. A falta de 4 partidos para o final, o Deportivo ABANCA B é 2ª na táboa a 1 punto do líder, o Sporting de Gijón.

Na Cidade Deportiva o Xuvenil B mídese ao UD Ourense (12:00); e fóra de casa o Orzán SD Xuvenil Feminino visita ao CD Lugo (19:30) na zona alta da Primeira Autonómica no encontro que pecha a xornada en #ANOSACANTEIRA; o Cadete ao ED Xuventude de Oroso (11:00) no seu camiño cara ao título da División de Honra; e o San Tirso SD Infantil ao Cidade de Ribeira CF (11:30) cos 'verdes' instalados na zona media da táboa.

Hoxe sábado disputáronse dous partidos en Abegondo. O Infantil, que segue o ronsel do RC Celta na División de Honra, gañou (4-3) ao UD Santa Mariña despois de remontar un 1-3; e o San Tirso SD Cadete, na loita pola salvación, tombou (2-1) ao Victoria CF grazas a un gol de Abel in extremis.

Tamén xogaron en casa o Orzán SD Infantil Feminino ante o SCD Pastoriza (4-3) e Orzán SD Cadete Feminino ante o Viaxes InterRías FF (7-0) na batalla polo título galego da categoría.

Fóra de casa o Xuvenil A gañou (0-2) ao Deportivo Roces en Xixón. A falta de 3 partidos para o final da División de Honra, os branquiazuis marchan na 2ª posición da táboa con 2 puntos de desvantaxe respecto ao líder, o RC Celta. Ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana en Abegondo (Youtube RC Deportivo) na partido clave da temporada. O Xuvenil A festexa tamén a convocatoria de Kevin Sánchez para dous partidos amigables coa selección española sub-18 en Suíza o vindeiro martes 18 e o xoves 20. O atacante incorporarase á concentración do equipo nacional mañá domingo.

O triunfo (3-0) do Alevín o pasado martes en Abegondo ante o Galicia Caranza en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 abriu o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

O encontro adiantouse á fin de semana debido á participación do equipo deportivista hoxe sábado 15 na VIII edición do Torneo de Lemona (Biscaia), neste caso na modalidade de fútbol 7. Os branquiazuis superaron a Primeira Fase e caeron por penaltis en cuartos de final (4-5) ante o Real Zaragoza. Ao final do tempo regulamentario houbo empate sen goles (0-0).

Antes de viaxar ao País Vasco, os alevíns Antón Vilariño e Iker Obeso disputaron o pasado mércores un partido amigable coa selección galega sub-12 ante o Pabellón Ourense CF, preparatorio para o Campionato de España de finais deste mes.

Descansa esta semana o Orzán SD Cadete B Feminino no subgrupo 1º de Segunda Autonómica porque lle tocaba enfrontarse aos Atlético Castros, retirado da competición; ademais dos dous equipos benxamíns, que están á espera de arrincar a segunda parte da temporada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
29ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 16 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, 26ª xornada: UD LLANERA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 16 de abril ás 12:00 no Estadio Pepe Quimerán (Llanera, Asturias)

Primeira Autonómica, 26ª xornada: CD LUGO - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 16 de abril ás 19:30 na Cheda

Fase polo Título da liga Galega cadete, 3ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 7 (Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candela González e Sofía Rodríguez) - VIAXES INTERRÍAS FF 0

Fase polo Título da liga Galega infantil, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 4 (Marta Moreno -2- e Naiara Fontenla -2-) - SCD PASTORIZA 3

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: DEPORTIVO ROCES 0 - XUVENIL A 2 (Mardones e Garaboa)

Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B - UD OURENSE, o domingo 16 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 31ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE, o domingo 16 de abril ás 11:00 no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)

División de Honra, 31ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Leandro e Abel) - VICTORIA CF 1

Categoría infantil
División de Honra, 27ª xornada: INFANTIL 4 (Casuso, Roi, Nico e Íker Rozada) - UD SANTA MARIÑA 3

División de Honra, 27ª xornada: CIDADE DE RIBEIRA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 16 de abril ás 11:30 no Anexo da Fieiteira (Ribeira)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 7ª xornada (disputado onte): ALEVÍN 3 (Nico Torres, Yael López e Daniel Alonso) - GALICIA CARANZA 0

VIII edición do Torneo de Lemona (Biscaia) de fútbol 7

Sábado 15 de abril
Primeira Fase
ALEVÍN A 1 (Íker Obeso) - REAL RACING CLUB 0
ALEVÍN A 1 (Íker Obeso) - REAL VALLADOLID 2
CA OSASUNA 1 - ALEVÍN A 2 (Mateo Varela -2-)
ALEVÍN A 0 - ATHLETIC CLUB 1
ALEVÍN A 3 (Leo Sánchez, Thiago Montes e Nico Torres) - SD EIBAR 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - REAL ZARAGOZA 0. A penaltis: 4-5