Para mañá domingo en #ANOSACANTEIRA queda a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club (12:00, Santa Cruz de Bezana). Os branquiazuis necesitan gañar e esperar unha picada do RC Celta, que avantaxa en 5 puntos aos coruñeses con 6 puntos en xogo. Ademais, o Sporting de Gijón, con 2 puntos menos que os de Manuel Pablo, aperta na loita pola 2ª praza. Manuel Pablo recibiu os 'reforzos' de Diego Gómez e Martín Ochoa, os dous futbolistas que estiveron toda a temporada en dinámica do Fabril e agora, coa temporada acabada no filial, retornan ao seu equipo.
Completan a xornada a visita do Orzán SD Xuvenil Feminino ao SD O Val (12:00, Sinde B) na Primeira Autonómica; e o partido do Orzán SD Cadete B Feminino na Torre (16:00) ante o CD Obrero no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.
En canto ao resto de categorías, #ANOSACANTEIRA celebra o ascenso do Fabril a Segunda Federación despois de proclamarse campión de Tercera o pasado domingo. Os xogadores que dirixe Óscar Gilsanz, que xa acabaron a competición, gozan duns días libres antes de retomar os adestramentos en Abegondo a próxima semana.
Hoxe sábado 29 de abril a atención estivo centrada na visita do Deportivo ABANCA B ao CD Romanón, en Pola de Siero.
As branquiazuis gañaron (1-5) e marchan a 1 punto do líder Sporting de Gijón con 2 partidos por diante para o final de liga. Macarena González, xogadora cadete do Orzán SD, estreouse como goleadora ao anotar un dos cinco tantos do seu equipo.
Ademais, o Comité de Competición confirmou o pasado xoves o triunfo do filial deportivista sobre o CD Parquesol B correspondente á 27ª xornada, que foi suspendido a pasada fin de semana no minuto 60 porque as valisoletanas, que xa comezaron o partido con só 9 xogadoras, quedaron con 6 futbolistas sobre o céspede, menos do que permite o regulamento. Así pois, a Federación deu por concluído o choque co resultado do marcador nese momento: 14-0.
En Abegondo unicamente xogouse un partido, o do Xuvenil B na Liga Nacional, que derrotou (3-0) ao Porriño Industrial FC.
Tamén actuaron como locais o Orzán SD Cadete Feminino ante o Colegio Obradoiro (9-0) na Fase polo Título da Liga Galega cadete; ademais do Alevín A ante o Atlético San Pedro (5-1) na Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.
Fóra de casa competiron o Cadete, líder da División de Honra, en Pontevedra (0-6); o Infantil ante o RC Celta en #ONOSODERBI da División de Honra (4-2); o San Tirso SD Infantil en Vigo ante o UD Santa Mariña (3-0); o Orzán SD Infantil Feminino en Mos (11-1) na loita polo título galego da categoría; e o Fabril FC Benxamín no Monte ante o San Tirso SD (1-9) no subgrupo C3 do Torneo Delegación.
Ademais, o Benxamín A clasificouse como primeiro de grupo aos oitavos de final da Tres Cantos Cup, na localidade madrileña que dá o nome ao torneo. Despois de apear ao Getafe CF, caeu co Real Madrid CF (0-3) en cuartos de final.
Mañá, os branquiazuis pelexarán co Recreativo de Huelva pola 7ª e 8ª praza.
O triunfo en Abegondo (4-0) do San Tirso SD Cadete, case definitivo na loita pola salvación, ante o ED Xuventude de Oroso abriu onte venres a fin de semana en #ANOSACANTEIRA.
Os 'verdes' chegaban ao choque coa moral polas nubes despois de derrotar ao Dépor na Cidade Deportiva na primeira derrota dos branquiazuis esta temporada. E non volveron fallar esta vez ante o ED Xuventude de Oroso.
Dous equipos tamén competiron entre semana. O martes 25 de abril o Alevín venceu (8-0) en Abegondo ao SRD Portuarios en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. O conxunto de Alberto Suárez lidera o subgrupo con 24 puntos de 24 posibles.
Neste equipo, os xogadores Thiago Montes, Antón Vilariño e Iker Obeso, que o pasado xoves participaron nun adestramento coa selección galega sub-12 no campo da Braña en Rois, disputan a fin de semana no Campionato de España de seleccións autonómicas.
E o mércores 26, tamén na Cidade Deportiva, o Fabril FC Alevín gañou (2-0) ao Ural Español CF, con dobrete de Iván Gil, na 3ª xornada da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Primeira Nacional, 28ª xornada: CD ROMANÓN 1 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Elena Vázquez -2-, Laura Otero, Elena López 'Cusi' e Macarena González)
Primeira Autonómica, 28ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 30 de abril ás 12:00 en Sinde B (Narón)
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 24ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - CD OBRERO, o domingo 30 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Fase polo Título da Liga Galega cadete, 5ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 9 (Ánxela Prado -2-, Valeria Montero -2-, Nadia Longueira -2-, Candela González, Emma Gandoy e Candela Fernández) - COLEGIO OBRADOIRO 0
Fase polo Título da Liga Galega infantil, 7ª xornada: UD MOS 11 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 1 (Marta Moreno)
Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 30 de abril ás 12:00 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)
Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B 3 (Mesfin -2- e Carlos) - PORRIÑO INDUSTRIAL FC 0
Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: PONTEVEDRA CF 0 - CADETE 6 (Pablo Pereda -2-, Rubén -2-, Lucas e Brian)
División de Honra, 33ª xornada (xogado onte): SAN TIRSO SD CADETE 4 (Jairo -2-, Mosquera e Leandro) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
Categoría infantil
División de Honra, 29ª xornada: RC CELTA 4 - INFANTIL 2 (Roi e Casuso)
División de Honra, 29ª xornada: UD SANTA MARIÑA 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 9ª xornada (xogado o pasado martes): ALEVÍN 8 (Leo Sánchez -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Manu Alcázar, Nico Torres e Javi Barral) - SRD PORTUARIOS 0
Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, 3ª xornada: ALEVÍN A 5 (Nico Torres -3- e Javi Barral -2-) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1
Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, 3ª xornada (xogado o pasado mércores): FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iván Gil -2-) - URAL ESPAÑOL CF 0
Categoría benxamín
Tres Cantos Cup
Primeira Fase
Venres 28 de abril
RC CELTA 1 - BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-)
GROWITH ACADEMY 0 - BENXAMÍN A 9 (Miguel Candal -4-, Nacho Villanueva -4- e Hugo Bujía)
Sábado 29 de abril
BENXAMÍN A 5 (Nacho Villanueva -5-) - CDF TRES CANTOS 1
Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Leo Delle -2- e Nacho Villanueva) - GETAFE CF 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - REAL MADRID CF 3
Domingo 30 de abril
Partido pola 7ª praza
10:30: BENXAMÍN A - RECREATIVO DE HUELVA
Torneo Delegación, subgrupo C3, 2ª xornada: SAN TIRSO SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Mateo Songo'o -5-, Breogán Díaz -2- e Leo Lorenzo -2-)