RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera comezou esta tarde en ABANCA-RIAZOR a deseñar o seu Dépor

Rubén de la Barrera e o seu equipo (Fran Noguerol, Julio Hernando e Abel Mourelo) colleron esta tarde as rendas do Dépor na volta ao traballo do equipo branquiazul de cara á próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o vindeiro sábado 20 de maio ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR ante o Algeciras CF, con motivo da 37ª e penúltima xornada.

A celebración na Cidade Deportiva da XVII edición do Torneo Deportivo, a gran festa do fútbol galego, obrigou a trasladar a sesión de hoxe mércores a ABANCA-RIAZOR nunha xornada na que tamén o Dépor ABANCA tivo que mudarse a O Monte.

A tarde arrancou coa benvida ao novo corpo técnico do Presidente Antonio Couceiro e dunha nutrida representación do Consello de Administración branquiazul.

A continuación, houbo xa unha primeira charla técnica cos futbolistas e, acto seguido, con todo o cadro no céspede ademais dos canteiráns Dani Barcia, Diego Gómez e David Mella, Rubén de la Barrera, após un quecemento, comezou a debuxar o seu novo Dépor cunha serie de tarefas con alta carga táctica, incluído un partido 11 contra 11 a todo o campo.

A sesión concluíu cunha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá, Os Nosos adestraranse de novo en ABANCA-RIAZOR ás 18:30.