RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rudy: ''O Dépor é un grande en España''

Carlos Wilson Cachicote, coñecido futbolísticamente como Rudy (1 maio de 1989 en Oeiras, Lisboa) foi presentado oficialmente esta tarde como novo xogador do Deportivo para as dúas próximas tempadas. Se nesta segunda campaña xoga un m&

"O Dépor é un grande de España", manifestou aos medios de comunicación Rudy, que unha vez acabado o acto púxose a disposición de Fernando Vázquez na concentración do Deportivo en Monforte. "Quero facer algo grande na miña carreira aquí", engade.

Ademais, recoñece que futbolistas como Bruno Gama e Ze Castro influíron na súa decisión de fichar polo Dépor. "Os meus axentes dixéronme que a Segunda División de España é moi competitiva", subliña.