RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segunda sesión consecutiva en ABANCA-RIAZOR no Dépor para que "a xente chegue cos plans e as ideas claras dentro da pouca marxe que temos"

O Dépor adestrouse esta tarde por segunda vez consecutiva en ABANCA-RIAZOR, escenario da próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o sábado 20 de maio ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR ante o Algeciras CF, con motivo da 37ª e penúltima xornada.

Rubén de la Barrera, na súa presentación esta mañá na sala de prensa, advertiu que o éxito "ten que ser unha consecuencia de moitas pequenas cousas. E niso estamos, sabendo que non temos todo o tempo que nos gustaría".

O técnico coruñés subliña que "desde o primeiro segundo que puxemos o pé no vestiario trátase de tentar transmitirlles aos rapaces todo aquilo que nos ten que conducir ao que todo o mundo desexa".

O obxectivo é que "a xente chegue aos partidos cos plans e as ideas claras dentro da pouca marxe que temos. Isto vailles a reportar unha maior seguridade. E a outra seguridade ten que ver con como está cada un".

David Mella foi o representante de #ANOSACANTEIRA. Ante os medios de comunicación, Rubén afirmou do internacional deportivista, así como do resto de canteiráns, que "aquí non queremos parches nin queremos historias. ¿Mella vai ter opcións de xogar no que queda de temporada? Tanto que si, se non onte non estaría aquí".

Con todo o cadro sobre o céspede, o corpo técnico deportivista, após un quecemento, dispuxo uns rondos de presión e un partido 11 contra 11 cunha alta carga táctica.

Mañá venres, o Dépor adestrarase xa en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 9:00 horas, como é habitual durante esta temporada.