RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Seoane e Juan Carlos xogarán unha pachanga cos nenos do Campus do Dépor

- Foto: Susi García - Seoane e Juan Carlos visitarán mañana xoves a primeira quenda do Campus do Dépor. Será ao finalizar o adestramento matinal do primeiro equipo en Abegondo, ao redor das 11.30 horas. Ambos os futb

Esta primeira fase finaliza o venres cun acto de entrega de diplomas no campo de herba artificial, ás 13.00 horas, no que participarán Pablo Insua e Toché.

Ata mañá, xoves 17 de xullo, está aberta a inscrición para a segunda quenda, que transcorrerá do 21 ao 28 de xullo.


As datas este ano son as seguintes:

-Quenda completa: do 14 ao 28 de xullo
-Primeira quenda: do 14 ao 18 de xullo
-Segunda quenda: do 21 ao 28 de xullo

O prezo é de: 100 euros (abonados ou accionistas) e 110 euros (público).

Toda a información está dispoñible na sede do Real Club Deportivo, na Praza de Pontevedra nº 19 1º da Coruña; ou ben no teléfono 981259500.

O Campus do Dépor esta dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos. O horario é de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres (excepto festivos), e o profesorado está composto por adestradores do Club.  En cada quenda hai sesións para a mellora da técnica individual e colectiva a través de xogos, exercicios correctivos e partidos; incluíndo adestramentos específicos para porteiros. Así mesmo, están previstas actividades recreativas na praia. Todos os alumnos terán un seguro de accidentes deportivos.