RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Táboas no mini derbi entre Deportivo B e Celta B

Deportivo B e Celta B empataron esta mañana a un gol no Mundo do Fútbol no mini derbi galego da Segunda División B. Iván Pérez logró o único tanto deportivista no partido.

Tras este resultado, o Fabril suma dous puntos e continúa na cola da clasificación, aínda que as sensacións son cada vez máis positivas, con toda a liga aínda por diante.

Perico Ramallo aliñou de inicio a: Valín; Sergio Benito, Granadeiro, Juanan, Rochela, Momar, Chirri, Nacho, Lassad, Iván Pérez e Iván Carril. Tamén xogaron Seoane, Guille e Hugo García.