RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Tiago Pinto: Oxalá poida quedarme moitos anos no Deportivo

Tiago Pinto (O Porto, 1-2-1988) foi presentado esta tarde no Estadio de Riazor como novo xogador do Deportivo, ante uns 200 afeccionados. Chega cedido unha tempada polo Ríou Ave, aínda que o futbolista déixase querer: "Ojalá poida queda

Tras superar o recoñecemento médico esta mañá, o novo lateral deportivista dixo estar preparado xa para competir por unha posición "posto que fixen a pretemporada normal, adestrando e xogando, co Río Ave".

Pola súa banda, Augusto César Lendoiro deu a benvida ao novo futbolista portugués, á vez que lembrou que o Dépor "tentou nun par de ocasións fichar ao pai". Aclarou ademais a situación de Tiago: "Terá dorsal do filial pero é para todos os efectos xogador do primeiro equipo".

Mañá martes, Tiago realizará no Mundo do Fútbol unha primeira sesión de adestramento ás ordes de Chema Sanz.