RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Tino Fernández analizou a actualidade tras o acto cos veteranos

Á conclusión do acto coa Asociación de Veteranos na Deportienda, Tino Fernández atendió aos medios de comunicación presentes.

Ademais de valorar o encontro cos exjugadores que cualificou como "un acto querido polo deportivismo, un acto de xustiza, de normalización, porque o normal é o que vai suceder a partir de agora, que os equipos de veteranos leven a camiseta do Deportivo”, falou tamén das negociacións coas entidades financeiras.

Situounas preto de pecharse e "cun risco de non pecharse mínimo, case cero" en "un bo presente, cargado de ilusión porque o que queremos é volver a Primeira División que por historia é o sitio que nos corresponde e porque ademais é case unha necesidade", xa que o Club "soportaría dous ou tres anos en Segunda durante o próximos dez-once anos".

Sobre o convenio asinado coa Axencia Tributaria, o Presidente afirmou que é "bo e cumplible, o mellor acordo que podiamos conseguir, xa que se chegou a un acordo sobre a débeda ordinaria e subordinada, pero non sobre a privilexiada, polo que o ideal sería un acordo global".