Toda LaLiga Santander e LaLiga 1l2l3 en directo só en Vodafone, Orange e Telecable
Os afeccionados podrán seguir todos os partidos de ambas as competicións en directo a través das principais plataformas de televisión.
LaLiga Santander e LaLiga 1l2l3 arrincaron a semana pasada cun ritmo trepidante que, con seguridade, manterase durante toda a tempada 2016/17. Un espectáculo con máis de 800 partidos que só se poderá ver en directo a través de Vodafone, Orange e Telecable.
Os 40 goles logrados en LaLiga Santander mostraron a calidade dunha liga que manterá a tensión e o espectáculo ata a última xornada. Non quedou atrás o emocionante arranque de LaLiga 1l2l3, cun inicio no que os equipos demostraron que a loitar polo ascenso será emocionante de principio a fin. Horas de paixón co mellor fútbol do mundo que só poderán verse en directo só a través de Vodafone, Orange e Telecable.
Como gran novidade para esta tempada, LaLiga producirá LaLiga 1l2l3 TV, para ofrecer ao espectador a posibilidade de ver os partidos de LaLiga 1l2l3 individualmente, así como a opción de multifútbol', ‘no caso dos partidos que se disputan de forma simultánea. Durante o fin de semana, a canle LaLiga 1l2l3 TV ofrecerá unha programación dedicada a LaLiga 1l2l3, e entre outras opcións, as previas dos partidos e contido post partido, así como un programa especial de reportaxes.
A través desta nova canle os afeccionados a LaLiga 1l2l3 teñen a opción de seguir aos seus equipos desde o primeiro ata o último minuto de competición gozando do mellor fútbol a través de Orange, Telecable, Vodafone, Deion Comunicación e beIN Connect, os operadores que decidiron apostar por LaLiga 1l2l3 TV nas súas plataformas.